cabecera 1080x140

Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2008 (Grupo Contexto)

Un vendaval de ar vulnerado – El Ideal Gallego – 30 de octubre de 2022

Carlos Casares deixounos como legado unha obra literaria de extraordinaria calidade que, no pasar dos anos, continúa a gañar en transcendencia e representatividade. E isto foi así dende os seus comezos, naquela Galicia dos anos sesenta que empezaba a loitar con Iorza por espertar do pesadelo franquista no que vivía aferrollada e que a illaba social e literariamente.

A primeira mostra desa ruptura innovadora coa que Casares tentaba modernizar a prosa galega do seu tempo for a aparición, en 1967, de Vento ferido. 0s relatos deste libro atesouraban unha estraña alquimia, pois se dunha banda recollían o mellor herdo da nosa literatura de tradición oral, doutra parte bebían tamén das voces literarias referenciais da Preguerra, nomeadamente Castelao e Dieste. Mais tamén achegaban esta escrita á doutros renovadores do panorama internacional, dende Kafka e Faulk- ner ata Pratolini e Pavese, pasando por Duras ou Rulfo.

Malia teren transcorrido case corenta anos, lembro perfectamente a primeira vez que lin un dos rela- tos de Gen to lerido. Foi “A rapaza do circo» e corría o ano 1984. Cursaba eu daquela oitavo da vella EXB e o sismo que me produciu a lectura aínda dura hoxe: a forza descomunal da tenrura do primeiro amor, a descuberta da fugacidade da beleza, a albura inconmensurable da inocencia, a traxedia da orfandade, a velenosa anilina da lembranza, parábola da vida como baleiro redondel presente que bombea segue nas veas mercé ao recordo dourado dun bico como un lategazo  branco.

Tras daquel primeiro relato viñe- ron os restantes e moitas relecturas ao longo de lustros, que confirmaron o obvio: Verb to feeldo é un dos grandes libros de Casares e tamen da lite ratura galega de Posguerra.

Por iso, cando souben que unha nova tradución deste conxunto de historias se publicara, aledoume pensar que o lectorado castelán había  gozar tanto coma min destas pequenas xoias.

A editorial responsable de tan acertada aposta é Impedimenta, selo de prestixio e, polo mesmo, máis que acaído para incorporar ao seu catálogo unha voz da altura do de Ourense. Mais acontece que alguén tivo    a excelente iniciativa de convidar  á narradora e ensaísta compostelá Cristina Sánchez-Andrade a que se responsabilizase da tradución, o que sen dúbida engade un novo atracti- vo á obra resultante: Viento herido, un volume deliciosamente editado no material que incorpora tamén as catro ilustracións de Xulio Maside que figuraban no orixinal de 1967, amais dun retrato do propio Casares asinado tamén polo pintor vigués.

Para acabar de adornar a proposta esta edición suma un amplo epílogo  da tradutora baixo o cunqueiriano título de “Con el cuervo posado en los hombros», no que introduce ao potencial lectorado castelán no universo  casariano, ao tempo que o pon en relación coa literatura galega daqueles anos.

Así pois, non pode haber mellor convite para (volver a) mergullarse nesta ducia de contos, posuidores dun realismo epifánico que ten na memoria, as diversas formas da violencia e no difícil tránsito do mundo infante á dureza dos anos adultos algunhas das trabes narrativas que sosteñen este edificio tan intimista coma psicosocial.

Sexan, xa que logo, parabéns para Impedimenta e Sãnchez-Andrade polo seu esforzo e veñan a moreas as lectoras e lectores desexos de profundar neste Viento herido, que trae nas súas alforxas relatos de personages desencantados, vítimas de amores imposibles e dos máis crueis xogos, toda unha lección de vida chea de semisombras e grises, tamén de luzadas esperanzadas, que nos lembran que o difícil non é seguir, senón extender as razóns para facelo cando todo ao redor é un vendaval de ar vulnerado.

—Armando Requeixo, El Ideal Gallego, 30 de octubre de 2022